Nova Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nova Escocia
Nova Scotia
Nouvelle-Écosse
Alba Nuadh
Bandeira de Nova Escocia
Escudo de Nova Escocia
BandeiraEscudo
Nova Scotia, Canada.svg
Lema: Munit Haec et Altera Vincit
EstadoFlag of Canada.svg Canadá
CapitalHalifax
 • Poboación385 500 (2007)
Cidade máis poboadaHalifax
Lingua oficialInglés1
Forma de gobernoGoberno de Nova Escocia
Darrell Dexter (NDP)
Confederación
1 de xullo de 1867
SuperficiePosto 12º
 • Total55,283 km²
 • % auga1,946 (3,5%)
PoboaciónPosto 7º
 • Total939,531 (2005) hab.
 • Densidade17.49 hab./km²
Fuso horarioUTC-4
Código ISOCA-NS
1 O Goberno de Nova Escocia promove e protexe ademais o gaélico escocés, o francés e o micmac.
Sitio web oficial

Nova Escocia[1] (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia; en escocés: Alba Nuadh; en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[2] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.

A economía de Nova Escocia ten estado tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes tense diversificado. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.

A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terranova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo Océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie do Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.

Mapa de Nova Escocia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Canada's population. Statistics Canada. Last accessed September 28, 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]