Twitter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Twitter, Inc.
Twitter logo.svg
Antigo logotipo de Twitter
TipoCapital aberto
Fundación21 de marzo de 2006 (14 anos)
LocalizaciónSan Francisco, CaliforniaEstados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJack Dorsey
Noah Glass
Biz Stone
Evan Williams
IndustriaInternet
ProdutosPeriscope
Vine
Número de empregados3638 (2015)[1]
Páxina webtwitter.com
editar datos en Wikidata ]

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007[2].​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​[3]

A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres[4] (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos de outros usuarios  – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores[5],​ followers e as veces tweeps[6]​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países[7].​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Historia[editar | editar a fonte]

Twitter creouse no ano 2006, en San Francisco, California. Os seus fundadores foron Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone e Evan Williams.[8] Na actualidade conta con personalidades como Barack Obama, Paulo Coelho e unha ampla variedade de políticos, artistas, deportistas etc.[9] Ademais tamén están presentes os principais medios de comunicación mundiais.

Durante algún tempo, o actor británico Stephen Fry foi o usuario máis seguido en Twitter, tal e como informou o xornal The Times[10], aínda que o primeiro en chegar ó millón de seguidores foi o actor estadounidense Ashton Kutcher, seguido de preto pola CNN[11]. Twitter é, ademais, empregado como medio divulgativo: ademais dos medios de comunicación, institucións e entidades educativas, tamén se realizan outras accións divulgativas como son, por exemplo, a conta de usuario de George Orwell (que emprega como base para as actualizacións o seu diario)[12], a publicación en chíos da novela Rayuela de Julio Cortázar[13] ou a retransmisión minuto a minuto da revolución dos caraveis de 1974[14].

Twitter en galego[editar | editar a fonte]

O 7 de maio de 2011 naceu a Iniciativa Twitter en galego da man de Carlos García Vieito, co fin de conseguir traducir a rede social á lingua galega, ao mesmo tempo que promocionar o galego entre os seus usuarios. Despois dun ano de traballo e difusión, a Iniciativa @chio_en_galego[15] contou con grande apoio social, como conseguir crear a primeira tendencia en galego a nivel global como foi #EuNaCidadeDaCultura. O 20 de setembro de 2012, o Centro de Tradución de Twitter permitiu aos voluntarios poder traducir as cadeas da rede social. Cinco meses máis tarde, o 20 de febreiro do 2013, Twitter xa dispuxo do galego entre as súas linguas. A Iniciativa está a traballar na versión móbil.[16]

Terminoloxía en galego[editar | editar a fonte]

Termo orixinal Termo en galego
Follow Seguir
Follower Seguidor/a
Following Seguindo
Tweet Chío
Retweet Rechouchío
Hashtag Cancelo
Direct messages Mensaxes directas
Trending Topic Tema do momento

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Twitter Company Info". Twitter. 6 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de maio de 2014. 
  2. "Business Search - Business Entities - Business Programs". 2010-04-02. Consultado o 2018-11-13. 
  3. D'Monte, Leslie (2009-04-29). "Swine flu's tweet tweet causes online flutter". Business Standard India. Consultado o 2018-11-13. 
  4. Cano, Rosa Jiménez (2017-11-08). "Twitter aumenta el límite a 280 caracteres para todos los usuarios". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-11-13. 
  5. "There's a List for That" (en inglés). Consultado o 2018-11-13. 
  6. "The tricky business of business tweeting". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2018-11-13. 
  7. "Twitter Support : How To Find Your Twitter Short/Long Code". 2010-03-15. Consultado o 2018-11-13. 
  8. Carol Tice (14-9-2017). "Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone, Evan Williams: Twitter". Startups.co.uk (en inglés). Consultado o 11-2-2018. 
  9. Políticos e actores contan a súa vida en Twitter, Vieiros.
  10. The 50 most popular celebs on Twitter, Times Online (en inglés).
  11. Ashton Kutcher supera o millón de seguidores en Twitter, Código Cero.
  12. Twitter de George Orwell, baseado no seu diario.
  13. Rayuela en Twitter.
  14. O 25 de abril vivirase en "directo" no Twitter, Vieiros.
  15. @chio_en_galego
  16. A falta de tradutor@s pon en perigo o Twitter en galego Arquivado 04 de maio de 2014 en Wayback Machine., Sermos Galiza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]