Kaytranada
Kaytranada | |
---|---|
Nome completo | Louis Kevin Celestin |
Data nacemento | 25 de agosto de 1992 (31 anos) |
Nado en | Montreal, Canadá |
Ocupación | produtor musical, compositor e disc-jóckey |
Relacionado con | XL Recordings, HW&W, Parlophone UK, Tommy Boy Music [1] |
Tempo en activo | 2010 - actualidade |
Pseudónimo | Kaytranada |
Na rede | |
www.kaytranada.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Louis Kevin Celestin, nado en Porto Príncipe, Haití, o 25 de agosto de 1992 , é un músico electrónico e compositor canadense, traballa baixo o nome artístico de Kaytranada.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No ano 2012 Kaytranada acadou sona internacional cun remix non oficial de Janet Jackson, traballo que obtivo 9 millóns de escoitas públicas [2][3]. Tras o evento o artista abandona os estudos medios e comeza a xirar como DJ no Canadá, país de emigración da súa familia, e Europa. No ano 2014 firma co selo londiniense XL Recordings, casa de M.I.A. ou Adele. Durante os dous anos seguintes Kaytranada produce obra dun xeito estábel ("Drive Me Crazy," con colaboración de Vic Mensa) o aclamado álbum "99.9%", "Girl", "Lite Weight", "Love" e "Honey" (Katy B). Con "99.9%" o artista obtén o galardón Polaris Music Prize e comeza a colaborar con artistas de renome como Gorillaz, Snoop Dogg ou Kendrick Lamar, pasando ao 2018 onde asina contrato co selo multinacional RCA para o traballo "Nothin Like U/Chances" un EP electrónico con baterías lixeiras e etéreas para a pista de baile.[4]
Discografía[editar | editar a fonte]
O estilo de música electrónica de Kaytranada foi clasificado como Future Beats [5]
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
99.9% | 2016 | XL Recordings |
Sinxelos e EPs[editar | editar a fonte]
- Kaytra Todo - 2013 (Jakarta)
- Kaytranada / Suicideyear - Bromance #10 - 2013 (Bromance Records)
- At All / Hilarity Duff- 2013 (HW&W Recordings)
- RMX EP - 2013 (Jakarta)
- Leave Me Alone - 2014 (XL Recordings)
- Kaytranada Feat. Vic Mensa - Drive Me Crazy- 2015 (XL Recordings)
- Freddie Gibbs X Kaytranada - My Dope House - 2016 (XL Recordings)
- Glowed Up / Lite Spots - 2016 (XL Recordings)
- Together- 2016 (XL Recordings)
- BadBadNotGood Ft. Kaytranada & Snoop Dogg - Lavender (Nightfall Remix) - 2017 (Doggstyle records)
- Nothin Like U / Chances- Dúas versións, 2018 (RCA)
- Robert Glasper x Kaytranada - The ArtScience Remixes (LP, EP, Ltd)- 2018 (Blue Note)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kaytranada selos"(en inglés)
- ↑ "Kaytranada, Primeiro remix de 2012"(en inglés)
- ↑ "Kaytranada escoitas"(en inglés)
- ↑ "Kaytranada"(en inglés)
- ↑ "Kaytranada" Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine.(en alemán)
- ↑ "Kaytranada discografía"(en inglés)