2020
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
2020 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2020 MMXX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2773 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1469 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4716 – 4717 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5780 – 5781 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2075 – 2076 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1942 – 1943 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5121 – 5122 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1398 – 1399 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1442 – 1443 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2270 | ||||||||||||||||||
|
2020 (MMXX) é o ano actual. É un ano bisesto comezado en mércores no calendario gregoriano dentro do século XXI.
Acontecementos[editar | editar a fonte]
Xaneiro[editar | editar a fonte]
- 3 de xaneiro: un ataque dos Estados Unidos con drons no aeroporto internacional de Bagdad acaba coa vida do Xeneral Militar iraniano Qasem Soleimani e o líder paramilitar Abu Mahdi al-Muhandis.[1]
- 7 de xaneiro: Pedro Sánchez é investido presidente de España, conformándose o primeiro goberno de coalición dende a Segunda República.
- 8 de xaneiro:
- a Irán ataca simultaneamente, con decenas de mísiles, as bases aéreas de Al Asad e Erbil, operadas polos Estados Unidos e Iraq.
- en Teherán, o voo 752 de Ukraine International Airlines é derrubado por un mísil iraniano, deixando 176 persoas mortas.[2]
- 11 de xaneiro: morre a primeira persoa pola COVID-19 en Wuhan, na China.
- 31 de xaneiro:
- o Reino Unido deixa oficialmente de ser parte da Unión Europea.
- primeiro caso de COVID-19 en España.
Febreiro[editar | editar a fonte]
- 4 de febreiro: no porto de Iocoama, no Xapón, o cruceiro Diamond Princess é posto en corentena, despois de que se confirmasen varios casos de COVID-19. En total infectáronse máis de 700 persoas e morreron 12.
- 9 de febreiro: o filme surcoreano Gisaengchung convírtese no primeiro de fala non inglesa en gañar o Oscar ao mellor filme.
- 13 de febreiro: en Valencia falece a primeira persoa en España por COVID-19.
- 19 de febreiro: dous tiroteos na cidade alemá de Hanau deixan 10 persoas mortas.
Marzo[editar | editar a fonte]
- 8 de marzo: o goberno de Italia pon a 16 millóns de persoas, unha cuarta parte da súa poboación, en corentena co fin de deter o avance da COVID-19. Dous días despois esténdese a todo o país.
- 11 de marzo: a Organización Mundial da Saúde declara a crise da COVID-19 como pandemia.
- 13 de marzo: o goberno de España decreta o estado de alarma como medida excepcional para a contención da pandemia pola COVID-19.
- 24 de marzo: debido á pandemia pola COVID-19 o Comité Olímpico Internacional e o goberno do Xapón anuncian o aprazamento dos Xogos Olímpicos de Toquio para o verán de 2021.
Abril[editar | editar a fonte]
- 2 de abril: o número de casos de COVID-19 en todo o mundo supera o millón, ese mesmo día superouse tamén a cifra de 50.000 mortos.
Mortes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Finados en 2020.
Festas e celebracións[editar | editar a fonte]
- Ano internacional da Sanidade Vexetal, proclamado pola Organización das Nacións Unidas en decembro de 2018, co obxectivo de concienciar ás persoas sobre a importancia de protexer a saúde das plantas e previr a propagación de enfermedades nos vexetais [1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Iraq Militia Officials, Iran's QUDS Force Head Killed in U.S. Drone Strike". Newsweek (en inglés).
- ↑ "Mueren los 176 pasajeros de un avión de Ucrania que se estrella en Irán". El País (en castelán). 9 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2020 |